Basurama propón un taller de dúas sesións no cal reflexionarase sobre os usos habituais do espazo urban, os usos posibles, os mecanismos de transformación da noso contorno e o enorme potencial da acción directa mediante intervencións
lúdicas.
Trátase dun obradoiro de creación de novos xogos rueiros, para iso reinventaremos o espazo que nos rodea a través de dinámicas e accións lúdicas colectivas. Tomaremos como referencia xogos habituais para construír novas formas de relacionarse. Crearemos as nosas propias regras e reinventaremos o noso contorno. Para iso contaremos fundamentalmente cos nosos corpos e a nosa capacidade de interacción. Tamén analizaremos o espazo que nos rodea para atopar potencialidades lúdicas. Un muro pode ser un frontón, un valo pódese converter nunha rede de voley, unha rúa estreita pódese transformar facilmente nun escenario de xogo.
Converteremos as limitacións do espazo en oportunidades. Mediante pequeñas intervencións, modificacións e subversiones da realidade construiremos o noso propio campo de xogos. Empregaremos sinxelos medios auxiliares, coordinándonos e creando dinámicas participativas que inviten ao resto da xente a participar. Crearemos una realidade paralela de activación e interacción.
Os xogos e dinámicas dependerán dos espazos elixidos e as ideas dos participantes.
Obxectivos:
A elaboración de accións directas e de uso intensivo do espazo público derivadas de deportes
convencionais, xogos de infancia ou expresións de acción colectiva trasladados á
rúa e ás prazas da cidade nunha escala urbana de dimensións inusuais. A rúa
como soporte de experimentación para a práctica do deporte en equipo e do xogo
colectivo en relación directa coa propia cidade.
Estrutura do obradoiro:
Sesión 1
Realizarase un recoñecemento da contorna e unha análise das posibilidades que ofrece a través de pequenas accións directas realizadas por grupos. Os diferentes grupos proporán diferentes estratexias de xogos colectivos (transgredindo as normas de xogos básicos ou inventando novos) e poranas en práctica en diferentes espazos públicos da cidade utilizando materiais básicos como tizas, balóns ou altofalantes; ou directamente só cos nosos corpos aproveitando a masa crítica dun grupo de persoas.
Sesión 2 e 3
Procederase á elaboración de estratexias concretas de actuación vinculadas á produción de dispositivos que complementen o espazo de acción (señalética, superficies complementarias, porterías, canastras, elementos móbiles de grandes dimensións, acumulación de elementos interactivos, focos de interacción, etc?). Unha vez definidas as estratexias procederase á súa produción física. O obxectivo é xerar elementos de uso moi intuitivo que fomenten a interacción de forma espontánea sen necesidade de establecer
regras ou limitacións.
Post Obradorio
Espérase que os sistemas de uso do espazo e os dispositivos asociados síganse usando despois do taller. A intención é que teñan vida propia e tanto o público do festival como os propios viandantes os reinventen para crear un novo marco relacional.
Basurama
Posibilidades creativas do lixo
Basurama é un colectivo adicado á investigación e á xestión cultural desde 2001 que centrou a súa área de estudo e actuación nos procesos produtivos, a xeración de refugallos que estes implican e as posibilidades creativas que suscita esta conxuntura contemporánea. Nacido na Escola de Arquitectura de Madrid foi evolucionando e adoptando novas formas desde as súas orixes. Pretende estudar
fenómenos inherentes á produción masiva de lixo real e virtual na sociedade de consumo achegando novas visións que actúen como xeradores de pensamento e actitude. Detecta resquicios dentro destes procesos de xeración e consumo que non só expón interrogantes sobre a nosa forma de explotar os recursos, senón tamén sobre a nosa forma de pensar, de traballar, de percibir a realidade.
Basurama propúxose atopar os residuos alí onde non sería tan obvio
achalos e estudar o lixo en todos os seus formatos. Converter nun evento pluridisciplinar no que se desenvolven simultaneamente actividades dispares pero cun enfoque común. Teñen cabida todo tipo de talleres, relatorios, concertos, proxeccións, concursos e edición de publicacións. Tamén se pretende establecer unha plataforma para que entren en contacto e traballen xuntos personaxes do armazón social que ocupan lugares moi diferentes e con todo non están moi afastados. Realizáronse actividades entre outros lugares en Bruselas, San Sebastián, Sao paulo, Linz, Caracas, Palma de Mallorca, Valdemoro, México DF, Santo Domingo, Bos Aires e ten a súa base en Madrid.
LED Throwies, desenvolvido por primeira vez por Graffiti Research Lab (Nova York) en Eyebeam , consta dun LED, unha pila de moedas, e un imán. Fácil de montar, lanzando os Leds sobre estruturas metálicas para convertelos en lenzos.
Neste obradoiro ensamblaránse uns 1000 led´s para realizar unha acción pola noite no espazo urbano.
Graffiti Research Lab Germany é un colectivo de artistas dixitais dedicado a equipar aos escritores de grafiti, a artistas urbans e activistas coas tecnoloxías de código aberto para a comunicación urbana.
A Orquesta Exploratoria é un obradoiro impartido por Carlos Suárez e Nacho Muñoz, onde se traballan aspectos relacionados co universo da escoita e do son, elementos que revelan aspectos normalmente marxinados na nosa relación cotiá co espacio público no que interaccionamos. O obxetivo principal e propor unha exploración sobre de qué xeitos o son afecta as nosas vidas.
Programa:
• Visionado de material audiovisual relacionado co son e a súa influencia en nós.
• Exercicios de percepción auditiva
• Paseo sonoro (rutas en silencio amplificadas)
• Parkour sonoro (intervencións co entorno sonoro)
• Construción de instrumentos
• Música espontánea (creación sonora colectiva)
• Concerto alumn@s do obradoiro
• Concerto Carlos Suárez
• Vídeoproxeccións parkour sonoro (mdmme)
Puredata é un software opensource que serve entre outras cousas para crear audio-vídeo e facer performances audiovisuais en directo. Unha das características mais interesantes de Puredata é a súa capacidade para comunicarse co mundo exterior e recoller en tempo real datos proporcionados por sensores de calquera tipo (infravermellos, luz, ultrasonidos, ondas cerebrais...) e dun xeito moi sinxelo, poderemos asociar os valores captados polos sensores con parámetros de audio ou de vídeo.
Minitronics-Minia é un open hardware que é 100% compatible con Puredata dado que é open hardware e plug and play. Minia tamén funciona con outros softwares como Processing, VVVV, Max, Quartz composer, etcétera.
Esta placa permite conectar sen ningún tipo de complicacións sensores analóxicos a softwares audiovisuais similares a Puredata.
http://minia.wikkii.com/wiki/Main_Pagehttp://minitronics.net
Tanto Minia como Puredata funcionan en mac/win/linux.
Workshop:
Neste workshop orientado a xente con inquietudes artísticas, electrónicas, audiovisuais, e experimentais veremos en primeiro lugar, as posibilidades que nos ofrece Puredata, as posibilidades que nos ofrece traballar con sensores, e posteriormente, procederemos a construír coas nosas propias mans un pequeno dispositivo usb con algúns sensores que nos vai a servir para controlar o noso computador con parámetros do mundo real.
O segundo día do workshop, explicarei Puredata desde o máis básico e proverei aos alumnos con patches (programas) de utilidade que facilitarán moito o traballar con sensores.
Tamén dedicaremos parte da xornada a cuestións persoais e a profundar un pouco máis no interesante mundo da electrónica DIY (faino o ti mesmo) e o extensísimo software Puredata.
Tamén prepararemos durante o transcurso do taller unha performance audiovisual colectiva na que se utilizará o software e hardware construído.
Requerimentos:
Recoméndase que os participantes traian (ademais de laptop propio) auriculares, soldador, algunhas ferramentas e ata algún cacharro electrónico (ou non) que sospeiten que poida ser conectado ao computador.
Duración: 2 días (5-6 horas cada día)
.
Nº de alumnos: máximo 15 persoas.
Este obradoiro consistirá en reciclar lonas dos carteis do festival
Vigotransforma 2010 para facer obxectos de uso cotián. Esta dirixido a persoas interesadas na creación a partir de material de refugallo.
O obxectivo principal é aprender a valorar os materiais usados e como
en lugar de tiralos ao lixo os podemos reciclar e facer cousas novas con
eles.
Creemos que é importante transmitir a idea de sostenibilidade. O mundo
está cheo de materiais que se poden reciclar con un pouco de inxenio e
creatividade.
Obradoiro VIGOTRANSFORMERS
Nenos menores de 5 anos acompañados dun adulto.
Horario: Días 24 e 25 de xuño de 10: 30 a 13:30 da mañá.
Lugar: Novo Tinglado do Porto de Vigo.
Nenos de 5 a 13 anos . Os pais/ tutores deberán encher un formulario. A
persoa que deixe os nenos no taller deberá ser a mesma que os recolla.
O obradoiro consistirá en que cada neno imaxine un superheroe ou
personaxe fantástico, que o debuxe con todos os seus complementos (
capa, antifaz, cinturón, coroa, etc) e logo coas lonas se fabrique toda a
indumentaria necesaria para convertirse nese personaxe.
A temática será “ Seres marinos”. Se mostrarán ilustracións e
contos do “Capitán Nemo”, “A illa do Doutor Moreau”, os comics
de “Aquaman”, os “Atlantes”… )
Necesidades: mandilón ou ropa vella para que non se ensucien e unha
camisola vella lisa que se poda “tunear”.
Obradoiro OBXECTOS VIGOTRANSFORMADOS
Participantes: De 14 anos ata o infinito e máis alá …
Horario: Días 24 e 25 de xuño. 17:00 a 20:00 horas.
Lugar: Novo Tinglado do Porto de Vigo
O obxectivo principal é que os participantes que acudan a este obradoiro
elaboren obxectos de uso cotiá como bolsas para á compra ou a praia,
lámparas, mandiles, revisteiros, etc. A idea é inspirarse no mar ou no
seu entorno tanto de xeito natural coma industrial (lámparas e bolsos con
formas de peixes, medusas, barcos, etc.)
Necesidades: unha camiseta lisa vella para customizar.
ten todo unha pintazaaaa....
moita sorte as mestras e os mestres!...
que bem que bem!...
;)