Obradoiros alg-a no Verbum
sábado, 26 de abril do 2008, por Madamme Cell.
categorías: Obradoiros

No vindeiro mes de Maio vaise desenrolar no Museo-Casa das Palabras Verbum (Vigo) o obradoiro alg-a “Laboratorio infantíl de experimentación sonora”, impartido por madamme cell.

O obradoiro consiste en experimentar os procesos principais que acontecen na creación sonora (escoita, xeneración de son, grabación, manipulación analóxica e dixital, organización, interpretación, comunicación, difusión, etc) partindo dun proxecto colectivo deseñado polos propios rapac@s-músicos.
O obradoiro rematará coa interpretación en público no Verbum do resultado sonoro do laboratorio e coa edición dun CD coas grabacións feitas durante o proceso.

Duración: 12 horas

Datas: Sábados 3-10-24-31 Maio

Horarios: 10.30-13.30

Idades: 8-12 anos

Nº de alumn@s: 15

Inscripcións-prezo:
+34 986 240 130 (Verbum)

verbum@vigo.org

Enviar comentario
Categorías
Madamme Cell