Olot paga, Olot multa
domingo, 10 de setembro do 2006, por Rubén Grilo.
categorías: Acción Social

Nas profundidades do Museo da Garrotxa, en Olot, e ata metade do mes que ben, estase a pasar o video do derradeiro traballo de Ricardo Trigo, dentro dun singular programa chamado ’Violentant la imatge’, a cargo de Esther Ribot.

O proxecto consiste en gastar os cartos de producción en pagar as multas impostas por estacionar inadecuadamente o vehículo de Ricardo, especialmente tuneado para a ocasión coma se fose un vehículo da policía local de Olot.

"A exposición presentada nesta ocasión na Sala 14, é, máis que a mostra dun traballo artístico, o testimonio documental dunha acción que tivo lugar con anterioridade, e que polo feito de ser efímera e pola súa complexidade, soamente se puido captar cún rexistro videográfico. Aquí, unha vez máis, a imaxe é reducida á categoría de documento, de testimonio que da fe dunha acción que en sí, xa é a obra en cuestión."

1. Pintar un vehículo convencional de vehículo policial, é dicir, realizar unha réplica do coche de policía urbana, e evidentemente situalo en espzos públicos para que sexa multado e transportado en grua ó depósito municipal.
1.2. Gastar os cartos destinados á producción do proxecto a pagar as multas correspondentes."

(Extracto da promo)

web de Ricardo Trigo

Outro proxecto de Ricardo Trigo (Omisa)

Enviar comentario
Máis artigos de Rubén Grilo
Categorías
Rubén Grilo