Only Everything Lasts Forever é o proxecto de tésis de Kyle McDonald na Rensselaer Polytechnic Institute
Troy, New York. A parte práctica consiste nunha composición sonora de longa duración para MP3.
Contén todos os sons que podemos distinguir como seres humanos, segundo o ditado pola especificación de MP3 (ISO / IEC 11172-3). Explora as asociacións sociais e políticas da representación de son, a psicoloxía e a filosofía do ruído e o baleiro.
Esta composición sonora tería unha duración de 10.450 anos, o primeiro mes da composición pódese seguir desde o pasado domingo 28 de marzo no seguinte enlace.
Only Everything Lasts Forever é un proxecto de código aberto. O código, incluída a tese escrita, está dispoñible en Google Code.
Nun post anterior escribín sobre outros traballos de Kyle McDonald. Outro traballo moi interesante é 1¢ Grants, que consiste na convocatoria de 100 bolsas polo valor de 1 céntimo, as cales nunca puido enviar aos seus agraciados destinatarios porque o custo do envío era maior á cantidade ofrecida.