Hai xa algo máis dun mes que se vén discutindo no foro de processing a necesidade de crear unha web donde os usuarios de processing poidan publicar e compartir o seu código.

A idea era crear unha comunidade ao estilo flickr, vimeo, etc..., donde os usuarios teñan un perfil privado donde poidan postear as súas creacións, e o código co que o fixeron, para que outros poidan aprender do aprendido.

Quen tirou do barco foi Sinan Ascioglu’s, un estudante do ITP da Universidade de Nova Iorque, que xa tiña feito unha primeira versión da páxina Open Processing. Agora especialmente buscan darlle un forte empuxón e certa oficialidade para ser o sitio de referencia dos sketches feitos con dito programa. Conta co apoio de Casey Reas e coa axuda directa de Daniel Shiffman, polo que a cousa promete:

Open Processing

Sin duda unha ferramenta de gran axuda para os amantes da creación e o código, que esperemos chegue a espallarse o suficiente para que conte cunha significativa base de datos de código creativo.

Comentarios
3 de abril do 2008 00:56, por Gisela

Solo en inglés Berio?

14 de abril do 2008 23:15, por Sinan

Si, solo in ingles... Because I don’t know how to speak Italian... :)

.