OpenCode. O processing da Internet?
venres, 24 de agosto do 2007, por Berio Molina.
categorías: Software

OpenCode é un entorno de programación centrado na web que reforza a comunidade de usuarios hacia o desenvolvemento e coñecemento da programación centrada no gráfico para non-programadores.
É decir, é unha ferramenta de programación para a web, coa idea de desenvolver traballos gráficos na mesma. Asimesmo é unha ferramenta para aprender a programar dende a web.

Actualmente OpenCode atópase en fase pre-alpha, polo que estamos asistindo practicamente ao seu nacemento, e aínda non está listo para o seu uso.
OpenCode está sendo desenvolto por Kyle Buza e Takashi Okamoto no Physical Language Workshop no MIT Media Lab.

OpenCode é Java, e emprega o código fonte de Processing, outra ferramenta de programación orientada a gráficos de sobra coñecida pola comunidade. Polo que da mesma forma que Processing simplificou a maneira de programar orientada a gráficos, OpenSource aspira a simplificar o acceso e interacción con contidos na web.

+ info na páxina de OpenCode

Enviar comentario
Comentarios
25 de agosto do 2007 23:53

berio, a vida e algo mais que programación

26 de agosto do 2007 06:38, por berio

Unha cousa non quita a outra.

29 de agosto do 2007 07:40, por una mala persona

bueno,bueno...pilotar codigo es algo fundamental...elige: plantar tu propia maria o fumar lo que te venden...pos eso...je,je,je...

Categorías
Berio Molina