Orde de desaloxo contra a Casa das Atochas
mércores, 23 de marzo do 2011, por Madamme Cell.

Xa está en curso (a partir de mañá mércores 23 de marzo) a medida cautelar (orde de desaloxo) decretada contra a Casa das Atochas. Nunha decisión, dende unha perspectiva legal, polémica -semella que o ideolóxico e o técnico van desligados-, a xuíza do xulgado número 5 de instrucción da Coruña decidiu non ter en conta o escrito de Nulidade de actuación presentado, onde se amosa o abuso de dereito perpetrado pola mesma xuíza.

A Casa das Atochas, xurdida no ano 2008, hai agora máis de 3 anos, como un espazo aberto, un lugar liberado onde conviven acción e reflexión, capaz de enfrontarse con decisión aos valores e feitos que desembocaron na grave crise socioeconómica e política que hoxe domina a sociedade, está pois en perigo de desaparición.

Pese a todo, decidimos manter a actividade mañá mércores día 23 de marzo do xantador popular e a jam-session previstas, agora trasladadas ao exterior para facer visible a nova situación plantexada.
Estades tod@s convidados a este exercicio de desobediencia e celebración doutro tipo de sociedade.

Enviar comentario
Comentarios
24 de marzo do 2011 05:13, por madamme

Ola,

desde a Casa das Atochas, levamos tempo aguantando as miserias varias do poder. Desde Nadal, observamos como os intereses políticos e os mesianismos xudiciais, a manipulación informativa e o poder do capital levaron a unha operación de demonización dos movementos sociais e de todo acto contestatario.
Este feito fai obviar o importante do asunto, as razóns de peso polas que xurdiu un proxecto das características da Casa das Atochas: as prácticas de acoso (mobbing), presión e chantaxe por parte de inmobiliarias e empresas de especulación de capital; as políticas urbanísticas totalizadoras impostas, entre outros lugares, en Galicia; a vivenda, dereito ninguneado e convertido en instrumento de cobiza, cambalache e agravio de tantas vidas; a multitude de espazos abandonados; a imposibilidade doutras formas de vida nunha sociedade oficial banal e ridícula, con pretensións de homoxeneizar.
Por todo iso nós seguiremos coas nosas premisas: CELEBRACIÓN E DESOBEDIENCIA. A Casa das Atochas non se desaloxa.
Okupa e resiste.

vía
http://www.casadasatochas.info

25 de marzo do 2011 11:43, por madamme
26 de marzo do 2011 03:22, por Carlos Suárez

TVG. O ricopaleto da gravata. . . "pra o enfado dos veciños". .
E despois algúns veciños din que non lles molesta.

se os caciques méntennos permanentemente?, temos nós que dicir a verdade?

30 de marzo do 2011 03:22, por isaac-cordal

A Casa das Atochas advirte da falsidade ou inexactitude dunha nota
informativa enviada onte desde o Gabinete de Comunicación do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia:

A Coruña, 29/03/2011.-

Según nos informa el Juzgado de Instrucción número 5 de A Coruña en
relación al procedimiento de la Casa Okupa de As Atochas, los
denunciados presentaron un incidente de nulidad de actuaciones que la
Audiencia Provincial ha desestimado. Previamente, la Audiencia había
desestimado también el recurso que los denunciantes presentaron contra
el auto donde se ordena el desalojo. Esto significa que se sigue
adelante con la mencionada orden de desalojo, que el Juzgado desconoce
cuando se llevará a cabo.

** El Gabinete de Comunicación del Tribunal Superior de Justicia de
Galicia desea ser citado como fuente de esta información**

SITUACIÓN DO PROCESO

A Audiencia Provincial admite a trámite o incidente de nulidade
plantexado pola Casa das Atochas contra o auto de 23 de febreiro. No
escrito plantexamos que ese auto, que convalidou a orde de desaloxo
dictada polo Xulgado de Instrucción número 5 mediante providencia
inmotivada no mes de novembro, é nulo debido a que esta providencia
non estaba axustada a dereito e a resolución da Audiencia non
respondeu ás nosas alegacións.
O día 24 de marzo a Audiencia Provincial dictou unha providencia,
notificada o 28 de marzo, na que manda darlle copia do noso escrito ás
partes (ministerio fiscal, promotora inmobiliaria e nós mesm*s) para
que no prazo de cinco días:
1. se presenten alegacións sobre a nulidade da medida cautelar.
2. se presenten alegacións sobre a suspensión da execución da medida.

A mesma providencia pódese recurrir no prazo de tres días.
O mesmo día 24 a Audiencia dictou outras dúas resolucións, notificadas
o 29 de marzo:
1. Unha providencia na que se admite formalmente a trámite o incidente
de nulidade plantexado, se conceden cinco días para alegacións e tres
para recurrir a providencia en sí.
2. Un auto da mesma data, sorprendente, na que se deniega a suspensión
da execución da medida cautelar, e se di que non cabe recurso contra
esta decisión.

Deste xeito o incidente de nulidade está pendente das alegacións e
decisións da Audiencia Provincial.
Sería lóxico que o Xulgado de Instrucción número 5 suspendese a
execución do desaloxo mentres non se decida o incidente.
Existen simultáneamente dúas resolucións da mesma data sobre a
cuestión da suspensión, a segunda restrinxindo os dereitos de alegar e
recurrir recoñecidos na primeira, sen aportar motivación ningunha para
esta limitación. É evidente a situación de desamparo que se nos
ocasiona. Temos intención de recurrir para que se suspenda a execución
e discutir con plenas garantías a nulidade da medida cautelar,
incidente de nulidade admitido a trámite pola Audiencia Provincial.

ACTIVIDADES
Data: mércores 30 de marzo
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

a partir das 13.30 horas XANTAR IMPOPULAR. Vegano, reciclado e de
balde. Ven cociñar ou papar!

ás 17.00 horas JAM ON!
A partires de agora mesmo e ata que a flipación musical aguante,
convídase xs músicxs do andergraun coruñés a xuntarse co necesario
para experimentar con ton e son: instrumento, ampli se fai falla e,
sobre todo, orellas.
Improvisacións sen ánimo de lucro e con ánimo psicotrópico; calqueira
combinación de instrumentos pode dar froito? saxos e zambombas,
pandeiretas e sintetizadores? a onde chegaremos ninguén o sabe; cada
un e unha que aporte o seu estilo!
Vinde melómanxs, traede as orellas e as ideas abertas!

Data: xoves 31 de marzo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

CEADOR VEGANO e proxección do filme LA LEYENDA DE MELGAR (EL POETA
INSURGENTE) [1981] de Federico García.
A vida e lenda do poeta arequipeño Mariano Melgar [1791 - 1815], héroe
da insurrección liderada por José Ángulo e o cacique Mateo Pumacahua
no Virreinato del Perú en 1815.

Máis información:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/page/2/

ADIANTO ACTIVIDADES:
para a próxima semana están previstas as palestra do COLECTIVO
ERGOESFERA, sobre urbanismo, e a de IAGO MARTÍNEZ sobre Lois Pereiro.
Ademáis para rematar o ciclo de cinema dedicado a FEDERICO GARCÍA se
proxectará o filme KUNTUR WACHANA. Vos manteremos informadxs.

Máis información:
http://ergosfera.org/
http://loispereiro.blogaliza.org/2011/01/18/primeira-persoa-da-verdade-por-iago-martinez/

unha aperta

http://www.casadasatochas.info

Categorías
Madamme Cell