PLAY-DOC abre a súa convocatoria.
luns, 2 de xullo do 2007, por isaac-cordal.

Play-Doc, espera superar os 513 documentais dos 55 países, que de todos os recunchos do mundo presentáronse á preselección da edición anterior do festival, convertido xa en referencia e punto de encontro para público, espectadores e profesionais do medio audiovisual no ámbito internacional.

Como en anos anteriores, o festival contará cunha sección oficial a concurso e unha sección informativa non competitiva, así como unha serie de eventos paralelos en estreita relación aos contidos do festival, como son as charlas, exposicións ou os concertos de Play-Doc, unha das propostas máis destacadas do certame tudense.

Todos aqueles interesados en participar deberán presentar os seus traballos antes do 15 de novembro de 2007. Para máis información consultar bases e ficha de inscrición, dispoñibles xa na web do festival www.play-doc.com

.