Lugar: MARCO de Vigo
Data: Luns, 24 de novembro
Hora: 20.30h
Entrada: 12 euros


PANTALEIMON
+ LIGHTNING BOLT

Non é doado ver á británica Andria Degens, alias Pantaleimon, tecer ao vivo as delicadas atmosferas medievais que compón co dulcimer, a mandola octavada ou o bouzouki, entre outros instrumentos de corda, en discos como o seu celebrado Mercy Oceans (Durtro Jnana, 2007). Parte do colectivo de alt folk Current 93 e colaboradora de Wire e Dirty Three, ten tocado con artistas como Antony & The Johsons, Baby Dee, Six Organs of Admittance, 16 Horsepower, Matt Sweeney ou Bonnie "Prince" Billy. E a continuación, Lightning Bolt. Baixo, batería e voz. Tres instrumentos e dous músicos: os norteamericanos Brian Gibson e Brian Chippendale. Speed metal maníaco ou noise extremo. Virtuosismo alén do virtuosismo. Tratadismo ruidista. Guerrilla. Exceso. A encrucillada entre Sun Ra, Captain Beefheart e o hardcore. Unha tensión permanente entre control e descontrol. Un dos grupos máis aprezados por Sinsal. Unha experiencia límite.

www.pantaleimon.com | www.myspace.com/pantaleimon | www.jnanarecords.com | www.laserbeast.com | www.myspace.com/laserbeast | www.loadrecords.com |
máis info en www.sinsalaudio.org | visita tamén o canal de SINSALaudio en Youtube

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal