Pantone anti-wifi
sábado, 28 de abril do 2007, por isaac-cordal.

A cámara fotográfica de Wifi amosa o espazo electromágnetico dos nosos dispositivos e as sombras que creamos dentro de tales espazos. Como unha especie de retrato, un tanto precario, do espectro inalámbrico que rodéanos no mundo desarrollado.

Este é un proxecto de Usman Haque, Bengt Sjölén e Adam Somlai-Fischer

http://wificamera.propositions.org.uk/

Pdf proxecto wifi camera

Por outro lado, unha empresa americana sacou ao mercado unha pintura hi-tech chamada Defendair Radio Shield que bloquea sinais inalámbricas. Esta capa neutraliza as emisións de radio na banda de frecuencias comprendida entre os 100 MHz e os 2,6 GHz, cunha capa dun milímetro de grosor, e ata os 5 GHz con varias capas.

O seu uso pode ter varias lecturas. Que non se compartan as redes wifi e non recibamos as ondas do veciño e a súa función máis comercial. Pero doutra banda, tamén podemos pintar a nosa casa, piso ou habitación con ela e convertela nun refuxio hertziano no que nos sintamos ilocalizables e illados das malas ondas do vecindario.

.