Para sempre. Exposición de Eduardo Valiña.
mércores, 13 de setembro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

14 setembro - 21 outubro
Inauguración: xoves 14, 20:00 horas

DF Arte Contemporánea presenta «Para sempre», o derradeiro traballo do artista lucense Eduardo Valiña (O Páramo, 1972).

«Para sempre» é unha prolongación da súa obra anterior que segue a xirar en torno á natureza e á noción de perda, pero centrándose esta vez na súa contorna mais próxima -o núcleo familiar- para reflexionar doblemente sobre a perda da identidade e a perda fisica, vital, do individuo. A novidade desta exposición reside no uso das novas tecnoloxías como ferramenta básica, achegándose máis ao concepto de postproducción. Supón a súa primeira incursión no campo do video e da manipulación (buscada, visible, evidente) da imaxe (collages / trucajes para os que contou coa colaboración técnica do tamén artista Mauro Trastoy) e as situacións: presenta non os documentos ou as reconstrucións da súa intervención no espazo natural senón visións e soños... escenarios nos que se desenvolve o drama da perda, traxicomedias misteriosas nas que non sabemos se asistimos a un descubrimento inesperado, a un encontro sorpresivo coa natureza ou a unha desaparicion, unha agonia, un algo irreparable... as relacións entre o ser humano e a súa contorna como metáfora das relacións familiares e do individuo coas tradicións en via de extinción.

Con «Para sempre» Eduardo Valiña mostra o resultado dun deambular dixital máis proximo á realización das fantasías que á constatación dun feito, fantasías vigorizadas pola inmediatez do medio, cunha -ás veces- ironía mórbida tinguida de malancolía. Unhas obras nas que o corpo antes oculto e sinalado metonímicamente pasa a formar parte dunhas imaxes nas que este se descobre e adquire protagonismo (xa sexa como figurante anónimo ou como alter ego do artista) e anuncia as coordenadas que nos achegan ao seu lugar de orixe física e psicologico, a ese Páramo tanto xeográfico como metafísico no que arraiga a súa identidade.

Para máis información

DF_ARTE CONTEMPORANEA
http://www.dfarte.com
Rúa de San Pedro 11, baixo
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tel. 607 24 75 25
df_arte@telefonica.net

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal