Parabéns a Amaya Gonzalez dos alg-as!
sábado, 14 de febreiro do 2009, por Antía .

Poder levarse a casa unha obra de arte por veintipoucos euros soa, cando menos, apetecible. As maiores ’gangas’ da feira ARCO son as que forman parte do proxecto ’Yo gasto’, da galega Amaya González Reyes, que se pasou case dous anos recopilando os tickets de cada compra que fixo (719 facturas en total, por valor duns 27.200 euros) e que foron transformados en óleos. Eses cuadros véndeos agora polo valor que indica a propia factura.

Hai tickets dende os 13 euros e outros acercanse ós 300, que corresponden a pagos como un taxi, a cesta da compra, materiais para o seu traballo. ceas... González Reyes (Galería Pilar Parra & Romero, stand SP24 del pabellón seis) respetou cada detalle das facturas, imitando letras, firmas e símbolos e titulou as obras co seu mesmo prezo.

"[La obra] Habla sobre el mercado del arte y el precio de la vida, algo que le interesa a todos y no por la situación de ahora de crisis, que yo ya llevaba dos años preparando esto, si no porque es algo cercano. Todo el mundo puede verse identificado en un recibo de zapatos", di Amaya.

A imaxinación vende, e conforme pasaba a primeira tarde desta feria de arte contemporánea, cuxa inauguración oficial é hoxe, había cada vez menos cuadros de recibos apilados sobre o chan. O seu stand é sen dúbida un dos que máis vendeu. "¡Pero a qué precio!", exclama a artista.

Enviar comentario
Comentarios
17 de febreiro do 2009 01:56

Parabéns pola idea. Tiven a oportunidade de velo proxecto en ARCO, e xa case non quedaban ...

Categorías
Antía