Parag K Mital é un creador e programador que se atopa facendo un doctorado na Universidade de Goldsmiths, en Londres.
A súa páxina web é unha auténtica mina de código, ideas e proxectos para a xente interesada na Computer Vision e o Audio Aumentado.
Nela pódense atopar cursos sobre Creative Coding e Computer Vision, Openframeworks + IOS que imparte no Center for Experimental Media Arts, código de programas en Openframeworks coma projection mapping, hand tracking, face detection, e proxectos coma Sonic Graffiti ou Oramics, sobre o arquivo do músico eletrónico Daphne Oram.