Unha estrutura de ficción, unha composición fílmica a partir do traballo dunha colectividade inconexa e inexistente, é o núcleo do proxecto de
Tal estrutura é a dunha peza videográfica elaborada a partir da colaboración de sete ‘supostos’ autores.
Perspectivas sociais dun loro; 7 propostas para unha flexión
Raúl Esteche / Manuel Aveño / Tréroigne de Lacombe / Rodrigo Rodríguez / Jorge Amaru e Soledad Garibaldi / Virginia Castellanos e Joséphine de Méricourt / Anita Otto-Peters
O proxecto aglutina, como engadido arredor da película, catro cortes de vídeo así como debuxos e textos, coa intención de funcionar como documentación acerca dos lugares, espazos ou estudios de traballo de cada un dos autores que colaboran na película.
Alén da distinción xenérica entre realidade e ficción, entre o documental como rexistro verídico do considerado real e a fantasía do imaxinario, do correcto ou inapropiado de calquera prexuízo, a imaxe videográfica aparece aquí configurada dende o mestizo dunha tecnoloxía, dende un aparato para unha construción (non xa captura) da imaxe. Xunto á imaxe que se ve, a reflexión; xunto a un ollo sorprendido polo espectáculo, un exercicio de recomposición da imaxe.