Physical Computing Blog
luns, 17 de marzo do 2008, por Berio Molina.
categorías: Cacharrada

Para os que esteades interesados na cacharrada e o fuchiqueo con botóns, sensores, microcontroladores e demáis para facer cousas interactivas, estes dias montamos un blog relacionado coa que se deu en chamar a physical computing, que cubrirá todos estes temas.

Physical Computing Blog

O blog responde á asignatura de Physical Computing cuxa profesora é W. Michelle Harris na RIT (Rochester Institute of Technology), e donde se ensina a facer cacharros para crear algún tipo de interactividade a partir da placa Arduino.

O blog empeza dende o nivel máis básico de aprendizaxe, polo que todos aqueles que esteades interesados, podedes empezar conmigo e podemos ir traballando xuntos.

Non só haberá este blog, xa que cada compañeiro de clase tivo que montar un, polo que poderemos consultar outros 10 máis: Students blogs

PD: O blog estará primeiramente en inglés, aínda que se intentará traducir ao galego.

Unha aperta!

Enviar comentario
Comentarios
18 de marzo do 2008 08:19, por madamme

ostias berio, é o que necesitamos!! por fin na rede, n tempo real, sen ter que ir a ninghún sitio é inda por riba en galego!!! ( eu xa estou un pouco farto do puto inglés...viva portughal cagoenrose!! e berio!!!

Categorías
Berio Molina