Pierre Bastien en Vigo
luns, 20 de abril do 2009, por Sr pause.

O creador musical Pierre Bastien estará coa súa orquestra mecánica na inaguración do Congreso Internacional de Literatura Potencial que se celebra en Vigo.

O músico frances e a súa "troupe" de autómatas actuarán ás 18:30 no teatro da Universidade de Vigo, no CUVI. Ademáis, dentro do ciclo Espazos Sonoros, visitará Ourense e a Coruña os días 23 e 24, respectivamente.

Non volo perdades!

Enviar comentario
Categorías
Sr pause