Pikolín e a súa estratexia comercial
venres, 18 de febreiro do 2011, por Chiu Longina.

José Luis Espejo de Mediateletipos.net traballa dende hai anos nunha investigación sobre o poder do son como mecanismo de control social. Parte desta investigación faina pública no propio Mediateletipos.net.

Unha das últimas novas relacionadas con este tema ten que ver co estudo que a marca Pikolín publicou en relación aos problemas de sono orixinados polo ruido e a contaminación acústica, pero os sesgos dese estudio poñen en evidencia non só o propio estudo senón un dos problemas que ven padecendo o audio nos últimos anos: a súa instrumentalización.

“Publicáronse recentemente os resultados de “estudo” de Pikolin sobre como afecta o ruído nas persoas. Consistía nun anuncio no que se implicaba a un doutor e un aspirante a bombeiro para que este último durmise nun cubículo de cristal no medio dun das cruces máis ruidosos da Castellana en Madrid.”

O estudo publicou algún comentarios como o seguinte:

“Alí, na Castellana, non había, de media, máis de 60 decibeis pero, aínda así, el sufriu, a última noite, até 37 «arousals», ese micro espertares que, sen espertarlle, «facíanlle pasar dun soño profundo a un máis superficial. Iso, a longo prazo, produce o mal durmir», di o doutor Eduard Estivill, experto en temas de soño, e director do experimento. A proba enmárcase na III Campaña pola Saúde Acústica, promovida pola marca Pikolin.”

Espejo di que:

“O que a noticia non nos dá a oir é o ruído que había naquel cruzamento. Este é o son ambiente xunto á cabina de Pikolin ao mediodía.”

Do mesmo xeito:

“O que ninguén nos conta é que xunto á cabina do soño había un xerador de gasolina do tamaño dun coche aceso día e noite, a un metro e medio do cristal do habitáculo e que ao meu xuízo fai un pouco debe facer algo de ruído cando non hai tráfico. Aí vai unha gravación deste xerador desde a parede da unidade.”

E remata dicindo:

“En fin, redundar na evidencia, o anuncio de Pikolin na porta do Corte Inglés é iso, un anuncio, e ten unha validaz científica sobre as condicións reais do soño dunha persoa algo dubidosas.”

Pikolín, lo bueno, sabe bién.

Enviar comentario
Comentarios
27 de febreiro do 2011 07:38, por Mr. Lana

A mi Pikolin me la suda...y lo del ruido también...cuando duermo no me despiertan ni a cañonazos...si mi cabeza toca una almohada (o cualquier sucedáneo) me desconecto durante 7 horas...como un reloj, oiga...ni mas ni menos...una vez robaron un banco enfrente de mi casa...la alarma estaba a 4 metros de mi ventana...ni me entere...otra vez me acosté...y , al levantarme, faltaba el edificio de enfrente...lo habían demolido...para el sueño soy un bendito...yo he dormido de pie...e , incluso, como lo los soldados de Napoleón...he dormido caminando...a otro perro con ese hueso...a buen hambre no hay pan duro!!!

ME CAGO EN LA "CALIDAD DE VIDA"!!!

Categorías
Chiu Longina