Pirates of the Amazon
luns, 2 de febreiro do 2009, por Asintomatic.

Pirates of the Amazon é un plugin para Firefox que probablemente cause todo tipo de reaccións e marque un antes e un despois nas descargar/compartir arquivos na internet. Unha vez instalado ponte un enlace para a descargar, desde The Pirate Bay, calquera produto que estás vendo en Amazon.com. Funciona con música, DVDS de películas, xogos, libros e basicamente calquera cousa que poida ser convertido a formato dixital.

De acordo cos creadores, isto é un proxecto artístico e unha forma de crear unha contraparte ao modelo actual de distribución e para "redistribuir as riquezas". Aseguran que non teñen ningunha relación con The Pirate Bay e non hospedan contido ilegal.

Xa existían varios plugins (usando Greasemonkey) para facer cousas similares con IMDb, Last.fm ou Rotten Tomatoes, pero este sería o primeiro en forma de addon e que usa a tenda online máis grande do mundo.

via:alt1040

Pirates of the Amazon
Enviar comentario
Categorías
Asintomatic