Plataforma Consal
luns, 23 de abril do 2012, por Isaac Cordal.

Dende Sinsalaudio convidámoste a entrar ata a cociña no noso proceso creativo. A vía pode ser económica, laboral ou a través dunha proposta de proxecto para desenvolver conxuntamente. Contamos contigo para que engadas sal aos nosos proxectos. Por exemplo, a través da nosa plataforma Consal, dende o que poderás crear proxectos ou apoiar outros.

Voluntariado

Poden ser voluntarios de Sinsalaudio todas aquelas persoas que estean interesadas en traballar e colaborar connosco porque queren aprender ou promocionarse a través das nosas actividades.

En principio, esta colaboración realizarase sen ánimo de lucro.

Os voluntarios de Sinsalaudio non substituirán aos profesionais que traballan connosco. A nosa intención é reforzar aqueles apartados que non podemos cubrir como nos gustaría.

Se es estudante universitario, tamén podes solicitar as túas prácticas externas connosco. Si queres podes coñecer aos nosos voluntarios ou escribirnos para apuntarte.

Colaborar co festival

Buscamos colaboradores que participen no Festival Sinsal; compartindo difusión; intercambiando recursos; ofrecendo descontos e regalos aos nosos socios, etc.

Este é un espazo de relación entre empresas de diferentes ámbitos. A colaboración pode ser intercambiando servizos ou compartindo actividades.

Como podo colaborar desde a miña empresa?

Hai diferentes opcións: ceder recursos; agasallos ou descontos para os nosos socios; prestar servizos; difusión e publicidade; etc.

Que ofrecemos?

O soporte publicitario da nosa web e redes sociais. Promoción gráfica en todas as actividades do Festival Sinsal. Intercambio de servizos e recursos. Descontos en concertos e material discográfico, etc.

Patrocinar o festival

O Festival Sinsal cumpre dez anos e é un nome con identidade propia dentro da programación cultural de Galicia.

Os concertos do Festival Sinsal son unha boa oportunidade de identificar unha marca cun tipo de evento persoal, especializado e, sobre todo, innovador.

Defendemos un modelo de cultura artesanal, de pequeno formato e máis sostible, que fomenta a relación persoal e preocúpase pola xestión dos recursos públicos e privados.

O Festival Sinsal ofrece diferentes soportes, posibilidades de visualización ou promoción ao longo de todo o ano e en diferentes escenarios.

Socios de Sinsal

Como podo ser soci@ do Festival Sinsal?

Pois por unha cantidade de 50 Euros anuais.

Con esta achega apoiarás todas as actividades do Festival Sinsal e, a cambio, obterás diferentes vantaxes económicas: entrada gratuíta aos concertos de pequeno formato e descontos de ata un 50% noutras citas como o Festival Sen Sal San Simón, as actuacións en auditorios, etc.

Ademais, participarás en sorteos de agasallos dos nosos colaboradores; descontos en artigos de Sosoaudio e a tenda de Sinsalaudio ; etc.

Plataforma Sinsal

Tes unha idea?; sempre quixeches facer un concerto, editar un disco ou realizar un vídeo?; queres propor ou presentar algunha actividade no Festival Sinsal?

A Plataforma Consal ofréceche a posibilidade de integrar ideas dentro do Festival Sinsal ou de buscar axuda e financiamento para realizalas pola túa conta.

A plataforma Consal non é un espazo de micromecenazgo como o crowdfunding, senón que ofrece un servizo máis personalizado. Todas as propostas aceptadas deben manter algunha relación, directa ou indirecta, con Sinsalaudio nos seus diferentes apartados: música, editorial, escola sinsal, etc.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal