’I’m Scared’ da realizadora polaca Karolina Bendera, ’Bajo Juárez: a cidade devorando ás súas fillas’ dos mexicanos Alejandra Sánchez e José Antonio Cordero e ’Lle Papier ne peut pas Envelopper a Braise’ do veterano e prestixioso realizador camboyano Rithy Pan, serán as películas, que sobre este tema se poderán ver ao longo do festival entre o 12 e o 16 de marzo.

Aposta polos documentais animados

Por outra banda, Play-Doc ofrece tamén unha nova sección co máis experimental do cine documental, na que se presentarán cinco pezas realizadas con técnicas de animación. Esta curiosa mestura entre documental e animación é posible grazas á cada vez máis difusa fronteira entre xéneros. Os resultados desta arriscada proposta sorprenderán aos espectadores pola súa complexidade técnica, beleza e orixinalidade.

.