Por unha Galiza libre de pensamento e de alma
xoves, 16 de xuño do 2005, por nautile.
"Por unha Galiza libre de pensamento e de alma. Dona do seu destino. Plural e sen medo.

Unha Galiza que cre no seu que defende o seu, que avanza e que respecta o que foi, o que é, sen mirar ao pasado con pena reconfortante. Que non deixe que a prostitúan e que non se prostitúa.

Unha Galiza na que os galegos vivamos en galego, sentindo o mar e a térra. Compartindo a nevé e a auga salgada, o percebe e a vaca. Na que se constrúan rnáis autopistas virtuais e menos reais. Que as primeiras non estraguen os montes e as segundas nos conecten co presente e o futuro. Na que a comunicación entre o rural e a cidade, entre todo os pobos sexa verdadeira, que non tardemos un día enteiro en percorrer os km que separan o sur do norte, o leste do oeste.

Unha Galiza na que os habitantes do interior non vexan estranxeiros na xente do mar, polo seu xeito de falar, que o significado de estranxeiro mude para que o que non é propio non supoña unha ameaza.

Unha Galiza na que se creza de xeito natural: nenos-adolescentes-xoves-adultos e vellos e non crecer como vellos para seguir sendo adultos-xoves-adolescentes e ao final nenos.

E tamén unha Galiza que loite contra o Principio de Peter, no que alcanzar o máximo nivel de incompetencia sexa o único modo de entrar na rolda do poder, dos que deciden o noso destino. E que este poder sexa un foro aberto, adestrado para entender as necesidades da cidadanía e do país, que sinta a responsabilidade de facer todo o posible por manter a Galiza na frecuencia europea. Que asuma de xeito profundo que a universalidade so se logra voltando as orixes, escarvando na nosa identidade, que aínda que non está ameazada de morte, si que está levando paus importantes. Non hai outro modo de traballar en prol da singularidade.

E como non, unha Galiza na que se apoien iniciativas que procuran, sen prexuízos, colocarnos no punto de mira do resto da Península, non coa intención de colgarse algunha medalla histórica, senón co desexo de desfrutar nós do que goza calquera pobo nese mesmo intre.

Unha Galiza na que o obxetivo dun profesional sexa converterse nun peíxe do océano, e non nun taveirón dunha charca, que é o camiño doado.

Unha Galiza que viva o tempo real."

VÓTA-os E CONSIGUE O VOTO DOS TEUS AVÓS!!!!

Asdo:
Unha parella do interior de Ourense

Enviar comentario .