Onte subimos a transplantar un limoeiro na leira onde imos ubicar o ALG-A_ LAB.
O limoeiro, aínda que é pequeno, dificultaría a montaxe dos módulos por iso chamamos a Gonzalo para que nos botase unha man.
Despois de atopar un bo lugar, onde o sol fará de bálsamo da mudanza definitiva, empezamos a escarbar no limoeiro e dímonos de conta de que non era unha árbore senon unha rama supervivente a unha poda algo radical.
Seguimos desenterrando...raiz primaria...raices secundarias ... logramos desenterralo observando que entre o podre dalgunha zona e as vías de alimentación que tiña non vai ser doado que sobreviva....pero non desesperamos e fixemos todo o que puidemos.Finalmente acercouse Carlos e nos axudou a aboalo.
Entre o transplante e abono xa apareceron os encofradores da cimentación sorprendéndonos a todos que viñesen un día antes.Hoxe empezan as obras.
Seguiremos informando!

Minivideo do limoeiro.
Máis fotos

Enviar comentario .