Premio MARCO para novos comisarios
mércores, 5 de agosto do 2009, por Berio Molina.

Copiamos e pegamos da nota de prensa do MARCO:

O departamento de Comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, infórmalles da terceira convocatoria do premio para novos comisarios, un premio destinado a comisarios nados a partires de 1970. Á convocatoria deste ano únese o FRAC Lorraine (Fonds régional d´art contemporain de Lorraine) de Metz (Francia), onde se presentará a exposición premiada despois de exhibirse no MARCO.

O obxectivo do premio consiste na realización do proxecto expositivo gañador, para o cal disporase dun orzamento máximo de 30.000 € para cada unha das sedes. A exposición terá lugar entre os meses de maio e setembro de 2010 no MARCO de Vigo e os meses de outubro de 2010 e xaneiro de 2011 no FRAC Lorraine. Valoraranse as propostas que inclúan algunha obra da Colección FRAC Lorraine no proxecto; a colección pode visitarse na páxina http://collection.fraclorraine.org/.

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro 30 de outubro do 2009.

O xurado estará integrado por:
Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine
Kevin Muhlen, director do Casino Luxembourg, Forum d´art contemporain
Agar Ledo Arias, responsable de exposicións do MARCO
Pedro de Llano, crítico de arte e comisario
Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Engadimos a esta convocatoria, as bases do premio, tal que o plano do primeiro andar do museo e unha foto de referencia da exposición Doppelgänger gañadora do primeiro premio na edición del 2007.

Bases do premio:

Nota de prensa:

Primeira planta:

Premio MARCO para novos comisarios

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina