Presentacion Alg-a en Porto.
xoves, 18 de decembro do 2008, por srpause.

O pasado martes presentamos no espazo do colectivo portugués Audiencia Zero, localizado en Porto, o proxecto do Alg-a Lab + Alg-a Cultiva (proxecto este último ligado ó lab, pero con certa autonomía).
Alí estivemos Madamme Cell, Gonzalo e un mesmo, Pause. O proxecto tivo unha moi boa acollida e, a pesares de que acabamos misturando piezoeléctricos con tomates ecolóxicos, xa nos preguntaban cando poderían comezar os obradoiros de intercambio entre Audiencia Zero e Alg-a. Pois canto antes.

Sorprendeunos o fantástico espazo co que contan, e o activo que é o seu Lab, centrado principalmente na construcción de interfaces físicas de control, todo cunha tecnoloxía "de guerrilla" que convertía aquilo nun desguace de xoguetes e teclados vellos.

Unha aperta para toda a xente de Audiencia, e nos vemos axiña!

Enviar comentario
Comentarios
18 de decembro do 2008 10:04

Foi um prazer ter-vos todos por cá. E sim, estamos com muita vontade de desenvolver este intercâmbio. Até muito em breve.

abraço,

Lobo