O noso querido Alberto Guitián aka "Albertolix" presenta o vindeiro sábado 30 de Maio o álbum FITO & PITA en Barcelona.
Será en Sargadelos (Provença 274-276, metro Diagonal) ás 6 da tarde.
Informamos aos asistentes que haberá viño, sinatura de exemplares e degustación
de caña de herbas deluxe.
Agardámosvos!

http://albertoguitian.blogspot.com

Estimados amigos e fregueses:

FITO & PITA é unha tira cómica dun tal Guitián sobre dous xubilados ( veciños da nosa municipalidade ) embarcados nunha espiral de augardente, festas chundachunda, drogaína, sexo en pajares, colesterol, vicio e vida disoluta. Estas tiras embrutecedoras (que nunca lería a xente de ben) veñen publicándose na revista galega Retranca e agora recompílanse nun libro de alto contido explícito que desde aquí evitamos recomendar. Non entanto, se a vostede puidéselle interesar tan ignominiosa publicación, saiba que se pon á venda o 1 de Xuño en librerías e tendas de comic galegas, e enrriba será presentada máis aló das nosas fronteiras ( para bochorno da Galeguidade ) no próximo Salón do Comic de Barcelona. Aínda por riba estes maleantes tamén planean editar esta astracanada na lingua de Cervantes, pero por sorte aínda faltan uns meses para tal catástrofe.

Sen outro particular despídese atentamente,

Xose Lois Fandiño
Alcalde pedáneo de Matanzos

.