Presentación Floss + Art
luns, 27 de outubro do 2008, por Isaac Cordal.

O pasado 23 de Outubro presentouse o libro Floss+Art. Nas súas páxinas reflexiona sobre a crecente relación entre a ideoloxía do Software Libre, de contido aberto e a arte dixital. A presentación foi no The Whitechapel Centre en Londres e serviu para lembrar tamén a saída en Xuño do 2008 do sistema operativo Pure Dyne así como dun debate moderado porAnthony Iles e no que participaban Matthew Fuller, Olga Goriunova, e Stefan Szczelkun .

Floss+Art ten artigos de: Fabianne Balvedi, Florian Cramer, Sher Doruff, Nancy Mauro Flude, Olga Goriunova, Dave Griffiths, Ross Harley, Martin Howse, Shahee Ilyas, Ricardo Lafuente, Ivan Monroy Lopez, Thor Magnusson, Alex McLean, Rob Myers, Alejandra Maria Perez Nuñez, Eleonora Oreggia, oRx-qX, Julien Ottavi, Michael van Schaik, Femke Snelting, Pedro Soler, Hans Christoph Steiner, Prodromos Tsiavos, Simon Yuill.

Pure:dyne é un sistema operativo desenvolvido para proporcionar aos usuarios un conxunto completo de ferramentas de audio en tempo real e procesamiento de vídeo. Simplemente arrincar o seu ordenador utilizando o Live CD e xa está listo para comezar a utilizar o software como Pure Data, Supercollider, Icecast, CSound, Fluxus, Processing, e moito máis. Neste proxeto participan oito persoas. Nesta presentacióntiñas a oportunidade de mercar o sistema operativo nunha edición de luxo que viña nun pen drive de 2GB, pero obviamente tamén podes descargalo da súa web na seguinte ligazón: http://code.goto10.org/projects/puredyne/wiki/GetPureDyne

Pure:dyne baséase en Debian e Debian Multimedia.

Unha das cousas que tampouco podemos esquecer é que a bebida da festa/presentación tamén era open source e foi gratis!. Deliciosa. Podes consultar a páxina do proxeto na seguinte URL: http://www.freebeer.org/blog/


O rapaz que fixo a cervexa.

Enviar comentario
Comentarios
28 de outubro do 2008 06:58, por Berio

E a foto do rapaz que bebeu a cerveza?

Moi boa a crónica, e o libro promete.
Apertas

Categorías
Isaac Cordal