Hoxe venres, ás 19:00H na Sala Anexo do Marco, terá lugar a presentación do laboratorio de interfaces físicas a través de Arduino, que escoitar.org realizará dentro do hacklab de audio que leva realizando dende o 9 de marzo en dita sala.
A presentación consistirá nunha explicación básica de que é Arduino e a construcción entre os asistentes de varios exemplos básicos de funcionamento, donde se conectarán varios sensores, leds, micrófonos e altavoces, a modo de introducción do que se fará na sala Anexo durante os meses de marzo, abril e ata o 13 de maio.
Si tedes algún Arduino na casa, traédeo!.
Recordamos que o laboratorio de interfaces físicas, se leva a cabo tódolos dias de martes a venres de 17:00H a 21:00H na sala Anexo do Marco de Vigo. Que é aberto, gratuíto, e que non precisa inscripción para a súa asistencia, simplemente pasar pola sala e falar connosco. E que consiste na realización de proxectos que surxan dos asistentes ó laboratorio. Proxectos ligados á realización de traballos donde interveñan calqueira tipo de sensor, xa sexan potenciómetros, botóns, sensores de luz, piezoeléctricos, motores, sensores de posición, de tacto, etc... Para conseguir diversas finalidades como pode ser manexar video e audio a través de interfaces, instalacións interactivas, instrumentos interactivos, robots, etc...
Decir que o nivel de comenzo é baixo, e que iremos aprendendo todos xuntos. Tamén decir que os proxectos resultantes poderán ser mostrados na sala Anexo na medida en que sexa posible.
Un saúdo e anímadevos a vir!