Axóuxere editora convida a unha presentación dos libros Formas da Indefinición, editado pola mesma Axóuxere, e Roxe de Sebes, editado pola Fundación Seoane, do pensador Ignacio Castro Rey.
Terá lugar o vindeiro Mércores 14 de Decembro ás 20 horas, na Sala de Conferencias da Fundación Araguaney de Santiago de Compostela (Montero Ríos, 25-27, Galería).
Na mesa estarán o autor, Alberto Sucasas, Alberto Ruiz de Samaniego e Rafa Xaneiro.
Información sobre Formas de Indefinición na páxina de Axóuxere:
Formas da Indefinición, un volume de ensaios do pensador galego Ignacio Castro Rey, adicado á análise da cultura contemporánea e ás formas en que unha disidencia sensíbel é posíbel nun tempo tan abafante en contidos e hiperinformacións. Nel, en Ignacio, e neste volume de ensaios, aparece a presenza do tempo do devir acougado do mundo; ese tempo que é paz e sosego para o pensar, para a percepción, para a contemplación. E tamén, claro, para a activación sociocomunitaria dende novas ópticas, non quietas, non estancas. Ópticas que xeren apertura e transformación.