CASA DAS ATOCHAS
Rúa Atocha Alta, 14
MARTES 1 DE DECEMBRO
20.30 horas

Proxección dun traballo do cineasta Oliver Laxe coa súa presenza. Presentación e e coloquio posterior.

Oliver Laxe:
"Nazo en París en 1982, son fillo de emigrantes. Entre os 8 e os 18 anos vivo en A Coruña. Estudio Comunicación Audiovisual, licenciándome na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona no 2006
Son membro da plataforma de cine experimental no.w.here (www.nowhere-lab.org), con sede en Londres, cidade na que vivo un ano. Alí rodo As chimeneas decidiron escapar, unha curtametraxe en 16 mm que foi seleccionado no festival internacional de Xixón (2006). Recibín o primeiro premio no Festival internacional de cine experimental de Granada e Premio INJUVE 2007
Agora mesmo vivo en Tánger, Marrocos, onde rodo a curtametraxe Sona a trompeta, agora vexo outra cara, unha peza incluida ó caron da película de Chris Marker Une journée dans la vie d’Andrei Arsenevitch, sobre o cineasta ruso Andrei Tarkovski, na edición española que Intermedio acaba de publicar.
Traballo nun taller de cine para nenos da rúa, un proxecto que realizo en colaboración coa Cinematheque de Tánger ( www.cinemathequedetanger.com), a primeira filmoteca de África. Son director de fotografía e axudante de dirección da artista galo-marroquí Yto Barrada.
Os únicos traballos que realizo en Galicia durante todo este tempo de “exilio” son dúas instalacións para o Festival IFI de Pontevedra, Johnny atapóu o seu obús no 2003 e O Pugnoscopio no 2004.
Filmo As copas das árbores tremen sobre os restos dun incendio, proxecto para o que conto cunha axuda da Consellería de Cultura, que finalmente se converte en París#1 (2008), premiada no Filminho. Veño de rematar a longametraxe Todos vós sodes capitáns”.

Unha aperta

Frame: Suena la trompeta, ahora veo otra cara

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal