"Ruído de fondo" é un ciclo organizado pola Cidade Da Cultura que está comisariado por Sinsalaudio. Durante seis meses haberá unha serie de actividades que compaxinarán concertos con outras actividades relacionadas coa Arte Sonora.
Desde "Ruído de Fondo" queremos ofrecerlle a todos os artistas galegos a posibilidade de colaborar nalgúns dos proxectos nos que estamos traballando.
O máis inmediato sería o de Alyce Santoro, unha artista americana que fabrica unha tela "sonora" a partir de cintas de casete. Ela recopila cintas de casete, selecciona as gravacións e despois colle esos arquivos e os pasa a unha bobina magnetofónica. Con este material, traballa cunha compañía que se dedica a producir tecidos industrias, onde a cinta magnética é mesturada con algodón a un 50%. Unha vez fabricada esta tela, a artista confecciona traxes e toda unha serie de complementos: chapeus, grabatas, bufandas, etc.
A proposta que lle fixemos desde "Ruído de Fondo" á artista Alyce Santoro foi fabricar unha tela só con sons de músicos galegos –tamén son posibles arquivos de audio sobre paisaxes sonoras de Galicia–. Despois, esa tela en bruto sería enviada a Galicia e lla cederiamos a diferentes deseñadores de moda para que traballen con ela.
Desde a organización propoñemos a todos os artistas que o desexen, a que envién unha canción orixinal por grupo ou documento sonoro en formato mp3, non superior a 5 megas. O proxecto está aberto a todos os estilos, edades e xeneracións -do pasado, presente e futuro-.
Se formades parte dun selo ou axencia e queredes facer unha selección, podedes enviarnos ese documento vía yousendIt ou similar a calquera de estos enderezos:
a) ruidodefondo@cidadedacultura.org
b) julio@sinsalaudio.org
Prazo aberto durante todo o mes de xullo.
O traballo da artista Alyce Santoro aproxímase moito a arqueoloxía acústica de SOSOaudio; a intencionalidade por traballar co gran do son analóxico.