Videolabel_11
mércores, 20 de maio do 2009, por nela que.

A finais da primavera renovamos as publicacións no Videolabel, tras unha tempada en stop, volvemos coa publicación _ 11, a cargo de Nela Que

“AF m´n klein gedicht” Poema visual inspirado no libreto da periférica Ópera OFF, da que podedes escoitar a banda sonora no NETLABEL alg-a e visualizar un dos seus vídeos promocionais en http://vids.myspace.com

AF m´n klein gedicht ou o que é o mesmo "Off mi pequeño poema" é un traballo audiovisual que foi creado como quen pinta un cadro...recompilando e creando fotogramas, xerando unha composición...contando unha historia silenciosa pero intensa cargada de emoción e sentimentos, como quen escribe un poema... Xogando como un dadá...dándolle a categoría de exquisito a un cadáver visual reanimado con música e xesto...esgotado en palabras...

Autotempo...

Comentarios
22 de maio do 2009 02:27, por Anxo

Gustoume moito este video, é sensual, melancólico e dende logo moi moi poetico al igual que a música, perfecta.
¡quero mais!

unha aperta

.