O venres 29 de decembro cumpríronse vinte anos da morte do director ruso Andrei Tarkovski, que en 2007 celebraría o seu 75 aniversario. Punto de Vista únese aos actos de homenaxe e recoñecemento ao director que estánse a preparar en todo o mundo cun tributo moi particular, o ciclo Querido Andrei, en torno ao "misterio Tarkovski".
QUERIDO ANDREI está composto por obras de carácter documental de diversos autores, nas que Tarkovski é o tema, o destinatario, a fonte de inspiración ou o final do camiño da experiencia cinematográfica. Unha homenaxe distinta ao que están convocados algúns dos mellores cineastas do noso tempo como Chris Marker, Alexander Sokurov, Evgenii Tsymbal ou Mikhail Vardanov.
Imos velo a Pamplona! ...bueno...xa é un pouco tarde, finaliza este fin de semana pero poderiamos organizar algunha visita xa a máis escala tipo...bienal de Venecia?Ou a Ars electrónica... :)
molaba moito Antía. Xa podían traer ó querido Andrei por estos lares, non?