¿Que é alg-a?
mércores, 12 de xaneiro do 2005

¿Que é alg-a? (manifesto-faq)
Alg-a é uha [*comunidade*] de arte e acción [*libre.*]
Alg-a é unha Asociación Cultural.

¿Que significa que sexa libre?
Que sexa libre, significa que a esta comunidade só se pode chamar polo nome de alg-a, xa que é a única palabra que a define e coa que a comunidade se sinte identificada, a súa propia acción é a que a define.
Que sexa libre significa que non representa a nada máis que á súa propia acción, non atende a estilos, marcas, pautas nin xeracións, nin a nada que sirva para clasificar, xa que somos puro movemento, pura acción, e esta inmersa no presente contínuo. Xa non se trata de que estea inmersa no tempo real, senón que non ten tempo, nas esquinas dunha liña recta.
Que sexa libre, significa que empregamos licencias que nos permiten ter un "control" sobre todo aquelo que facemos público. Tódalas publicacións que se fan en alg-a, todo o que aparece na túa pantalla que foi posto por alg-a para que o vexas ten unhas licencias libres Creative Commons.

¿Qué significa que sexa unha comunmidade?
Alg-a naceu por unha necesidade de crear unha comunidade virtual que permitise o contacto entre os membros desta sin que estiveran que estar nun mesmo lugar físico. É como si dixeramos que alg-a é unha tropa de amigos, como moitas tropas de amigos que hai en calqueira sitio. Esta comunidade vai collendo unha identidade propia a medida que van interrelacionándose entre eles. Alg-a non é un medio de información, aínda que a través da extructura de novas poidera parecelo, non é algo que emite para que alguén o reciba, senón que é algo que emite e recibe ó mesmo tempo e muta dependendo de quen se relacione con ela. Polo tanto sempre terá unha identidade propia, que dependerá dos organismos-xente que entren en relación.

Como comunidade funciona a dous niveis, na rede e nun espacio físico.

Ó mesmo tempo alg-a é unha asociación cultural, polo que se trata dunha comunidade aberta, donde calqueira pode ser membro de alg-a, e aportar a través do sistema de socios.

¿De donde vén o nome de alg-a?
O nome de alg-a, fai referencia ó contexto no que naceu a comunidade, e ó contexto no que habita. A toda unha masa de vida que existe baixo a superficie visible. Menospreciada e gostada só por unhas poucas/poucos.

Como anécdota diremos que a idea da comunidade alg-a xurdiu durante unha manifestación en contra da fábrica de ENCE en Pontevedra, que entre outras cousas contamina a ria de Pontevedra e impide a vida de alg-as. Digamos que alg-a naceu para loitar contra a morte.

¿Quen é alg-a?
Alg-a é unha comunidade, e como tal ten un número indeterminado de membros.
Podes saber qué seres vivos son alg-as indo á sección de quen somos.

¿Cales son os campos de acción de alg-a?
Os campos de acción, ou que é o que fai alg-a, son:

* O laboratorio alg-a: O laboratoiro é un lugar donde levamos a cabo diversas actividades de compoñente físico, é decir: un espacio donde levamos a cabo obradoiros, actuacións, estudios para creadores, intercambios, mediateca e convivencia.

* O netlabel,a galería alg-a é o Videolabel: son tres espacios de publicación de traballos sonoros, visuais e audiovisuais na rede, baixo licencias libres que permiten a súa distribución e copia. e que compilan o facer de artistas de diversos.

* Os textos alg-a: son unha mediateca na rede, donde recompilamos textos (entrevistas, pensamento, poemas, etc...) de xente ligada a alg-a ou de referencia e de interés comunitario.

* As novas alg-a; son unha colección de novas que se actualizan diaramente, donde informamos a través da nosa páxina web de todas aquelas cousas de interés en relación coa cultura libre.

* Os fluxos alg-a: son unha rede cos chamados amigos de alg-a; donde podemos consultar as últimas novedades das accións da xente ligada a alg-a.

* Artistas alg-a: trátase dunha base de datos dos artistas ligados ou non ó proxecto alg-a, pero dun interés notable.

¿Que é o que pensa alg-a?
Algúns pensamentos están implicitos xa nalgunhas das respostas neste manifesto-faq, pero hai máis:

* Alg-a pensa que a xeración de cultura é a forma de creacción maior, e que esta debe de ser colectiva en todo momento. Do que se deduce que toda persoa creadora debe darse dende a colectividade, xa que si só se da individualmente non está intervindo na cultura, e polo tanto non está creando.

* Alg-a pensa que a identidade cultural é básica para construír dende a orixinalidade e para romper coa imitación de superficialidades globales.

Ummm... ¿Donde podo atopar máis información sobre o que é alg-a?
Podes facer click nas seguintes ligazóns:
Entrevista a alg-a polo fanzine Despregable
Entrevista a alg-a pola Voz de Galicia
Reportaxe sobre alg-a en Código Cero
Entrevista ó netlabel alg-a polo e-zine loop.cl

.
levitra store generic kamagra buy low cost levitra kamagra india generic viagra buy kamagra drug prices low cost cialis online buy cialis without prescription buy kamagra mc buy bupropion sr online without prescription
    priligy dapoxetina online buy generic wellbutrin viagra mc viagra prescription cheap finasteride without a prescription purchase levitra online viagra overnight delivery us levitra retail price kamagra uk next day delivery kamagra online paypal