RECICLAXE 08
xoves, 4 de setembro do 2008, por Gisela.

Logo do éxito acadado hai dous anos en Tui, Reciclaxe 2008 instálase agora en Vigo, en dous dos locais máis coñecidos da noite viguesa: La Casa de Arriba (Martín Códax, 23) e a Sala Vademecwm (Iglesias Esponda, 30).
Mercadiño de roupa de segunda man, creacións de novos deseñadores, cómics, singles, música en directo e exposicións son só algunhas das cousas que podedes atopar se vos pasades o sábado 6 de setembro a partir das 12 da mañá por Reciclaxe 2008.
- Sobre as 2 da tarde, Reciclaxe 2008 ten preparada unha sesión vermú con pinchos e tapas a prezos populares.
- 
- http://www.myspace.com/reciclaxe
- http://www.fotolog.com/reciclaxe08
- http://www.new.facebook.com/event.php?eid=22332901623

Enviar comentario
Categorías
Gisela