Saúdos.
Xa dispoñible na lista de podcast o capítulo 18 de Radio Mil Colinas. Tamén poden escoitar directamente no reproductor da dereita, aquí na páxina de alg-a.
Sinopse do décimo oitavo capítulo: A presión do comercio
No décimo oitavo capítulo abórdanse algúns aspectos do funcionamento da Organización Mundial do Comercio (e outras organizacións irmáns), descubrindo a súa natureza criminal na relación específica entre as súas políticas e o xeito en que son levadas a cabo. Esta relación analízase a través dos exemplos concretos de Venezuela, Congo e Haití.