Radio Mil Colinas Capítulo 8
venres, 3 de xullo do 2009, por Berio Molina.

Chega o Capítulo 8 da Radio MilColinas de Durán Vázquez, que coma sempre podedes escoitar dende a páxina principal de alg-a, ou directamente dende o sinal orixinal: o Podcast da RadioZero,

Sinopse do oitavo capítulo: Diamantes
No oitavo capítulo analízase a relación entre os conflitos na África occidental e o tráfico de diamantes nos anos 90. Como obxectivo final, proponse expoñer ó público unha presentación dalgunhas personaxes que orixinaron as causas reais do sucedido. A partires de sons extraidos de diversas obras sonoras e audiovisuais, ademais de material sonoro composto por min mesmo, fago unha dramatización que ilustra o contido do texto, que foi elaborado con fontes documentais atopadas no internet.

Relación de obras empregadas e @s seus autor@s:

filme Lord of War, de Andrew Niccol (música: Antonio Pinto)
filme Zeitgeist Addendum, de Peter Joseph
filme Blood Diamond, de Edward Zwick
filme Liberia, An Uncivil War, de Jonathan Stack
videoxogo Battlefield Vietnam, Electronic Arts

canción Moon River, de Henri Mancini
canción Thieves, de Ministry

rebelión.org, artigo de Nadja Drost do 07 de Xuño de 2007 (fonte: IPS)
rebelión.org, artigo de Thalif Deen do 13 de Xaneiro de 2006 (fonte: IPS)
rebelion.org, artigo de Lansana Fofana do 09 de Xullo de 2004 (fonte: IPS)
rebelión.org, artigo do 18 de Maio de 2006 (fonte: Rebelión/Agencias)

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina