Radio Mil Colinas de Durán Vázquez
xoves, 28 de maio do 2009, por Berio Molina.

Hoxe inauguramos a sindicación da Radio Mil Colinas de Durán Vázquez, que orixinalmente é emitida pola RadioZero de Portugal.

Como xa sabedes Radio Mil Colinas agrupa os programas nos que Durán vai informando e procesando sonoramente conflictos bélicos históricos do continente africano.
O nome Radio Mil Colinas está directamente collido da Radio Televisión Libre das Mil Colinas RTLM, radio ruandesa empregada como ferramenta de control, e acusada de incitar ao xenocidio que tivo lugar en 1994 en Ruanda

Radio Mil Colinas de Durán Vázquez
(Translation: “What’s happening?” “They killed Habyarimana (Hutu President of Rwanda)” “We ask all our Hutu brothers not to let this crime remain unpunished. Get up. Get to work. Take your tools and eradicate this race of cockroaches. FInd them in all the holes…”)

A partir de hoxe podedes escoitar os programas da Radio Mil Colinas no reproductor que vedes á vosa dereita na páxina principal de alg-a. Este reproductor será actualizado cada vez que Durán publique un novo programa.

Saúdos!

Enviar comentario
Comentarios
1 de xuño do 2009 01:43, por Carlos Suárez

Adan.

Xa escoitei o programa, é incrible decatarse do ignorantes que somos con respecto ao que sucede no mundo. Eu por exemplo sei que actualmente hai máis de 45 conflitos bélicos activos no planeta. . Pero isto é só un dato estatístico, a realidade desas confrontacións en termos de dor para os pobos que as sofren é outra cousa moi diferente.

Grazas por espertar a nosa conciencia. . .

Apertas

Carlos