Radio Mil Colinas por Durán Vázquez
xoves, 16 de abril do 2009, por Berio Molina.

Durán Vázquez, como xa sabedes un dos músicos máis activos nos sons experimentais, vén de comunicarnos que xa se pode escoitar o terceiro capítulo do seu programa de radio Mil Colinas chamado A Terra dos Ogoni.

Mil Colinas é emitido pola radio portuguesa Radiozerocunha peridiocidade quincenal, e podedes seguir os capítulos no seguinte podcast

Isto é o que nos conta Durán sobre o terceiro capítulo. A Terra dos Ogoni:

"No terceiro capítulo faise un relato do conflicto que xira entorno ós recursos petroleiros no delta do río Níxer, onde a compañía Shell, dende fai máis de 40 anos, transforma a paisaxe nun escenario fantasmagórico e inhabitable. Como obxectivo final proponse expoñer ó público unha explicación que amose a realidade que alí se vive. A partires de sons extraídos de diversas obras sonoras e audiovisuais, ademáis de material sonoro composto por min mesmo, fago unha dramatización que ilustra o contido do texto, que foi composto con fontes documentais atopadas no internet e máis o libro de K. Werner e H. Weiss."

Relación de obras empregadas e @s seus autor@s:

filme Wild at Heart, de David Lynch (música de Angelo Badalamenti)
filme Imprint, de Takashi Miike
filme The Pianist, de Roman Polanski
tema Ruins, de Abigail Mead (fonte: B.S.O. do filme Full Metal Jacket)
El Libro Negro de las Marcas, de Klaus Werner e Hans Weiss

voltairenet.org, artigo de Bryant Hunt (fonte: MooriofAlabama.org)
rebelion.org, artigo de Iraxis Bello (fonte: Revista Pueblos)
rebelion.org, artigo de Mbuyi Kabunda (fonte: Revista Pueblos)
rebelion.org, artigo de Eloísa Vaello Marco (fonte: gloobal.net)
rebelion.org, artigo de Aloia Álvarez Feáns (fonte: Revista Pueblos)
rebelion.org, artigo de Javier Mestre

Non o perdades, un paraíso radiofónico, activismo, contrainformación e realismo sonoro.

Próxima emisión do cuarto capítulo, o 28 de abril ás 20:00h (21:00 hora española) na radiozero.

Radio Mil Colinas por Durán Vázquez
Enviar comentario
Comentarios
16 de abril do 2009 11:35, por Isaac

Acabo de escoitar o programa, parabéns a Durán por este traballo radiofónico, unha faceta que non lle coñecía.

16 de abril do 2009 13:43, por Berio

Eu tamén disfrutei do programa, está moi ben.
E o do google map vese bastante ben, aínda tendo en conta que precisamente donde estan sacando o crudo están sempre a unha resolución penosa, e incluso a veces desaparecen os puntos vermellos das chamas cando fas zoom.
En fin.
Bo programa Durán!

17 de abril do 2009 03:21, por Carlos Suárez

Fantástico traballo. . . Así esta o mundo, é unha pena que esta traxedia non forme parte da conciencia colectiva das sociedades que deben o seu benestar á explotación e a depredación destes lugares e os seus habitantes.
Pero o peor é que estamos condenados ao descoñecemento e a inconciencia se non deixamos que estas dores espértennos.

Apertas e grazas por sacudir o noso entendemento

Carlos

20 de abril do 2009 04:34, por Durán Vázquez

Hola a todo o mundo.
Gracias polos vosos comentarios.
Efectivamente, Berio, non se ve moi ben o terreo do delta do Níxer. Iso é precisamente o que quería suliñar, mais sen decilo, para evitar acusacións de conspiranoia :-) (que a xente é moi susceptible fronte calquera cousa que non sexa a versión ofcial).

Sigo dándolle. Gracias de veras polas vosas palabras!

Categorías
Berio Molina