Radio: Ones de Crom en Catalunya
mércores, 31 de xaneiro do 2007, por Berio Molina.
categorías: Net audio

Ones de Crom é un programa de radio de música experimental da emisora Ràdio Castellar del Vallés (90,10 FM). Que se emite os martes de 22 a 23h. (Repetició diumenges de 21 a 22h).

Pero que tamén emite a través da rede via podcast, cunha peridiocidade dun programa á semana.

Ones de Crom é un programa moi interesante, de moita calidade que da moita información sobre os asrtistas que emiten. Con comentarios moi completos sobre músicos que non soen saír nas canles de radio convencional.
Así en Ones de Crom, podemos oír especiais de Rhys Chatham e Glenn Branca (No wave de New York), David Pajo (Slint, Tortoise, Arial M , Papa M, Pajo), Boredoms, Autechre, Ikue Mori, Earth e Sun o))), Christian Marclay, etc...

Como podedes ver os programas son de estilos bastante variados: electrónica, jazz, improvisación, rock avanzado, electroacústica, ruído, folk experimental, etc... O que o fai moi gustoso de escoitar.

Enviar comentario
Comentarios
1 de febreiro do 2007 05:44

moi interesante...axuda a traballar.

2 de febreiro do 2007 02:12, por Miguel Porto

Está guay.

Tremendo enlace.

6 de febreiro do 2007 12:10, por El PA

Moi ben si señor, Por certo onde sacáches a imaxe do tipo coa guitarra doble quero unha copia un pouco boa, boa, boaaaaa
Outro "por certo": Non dou aberto esa páxina non sei si terán algún erro??

6 de febreiro do 2007 12:46, por berio

Proba outra vez, por que a min vanme.

A imaxe da guitarra saqueina da páxina da radio, e non a teñen con maior calidade, igual escribíndolles che din de donde a sacaron.

Vémonos

8 de febreiro do 2007 14:01

Imagen de la doble guitarra de GLEN BRANCA procede de: http://www.glennbranca.com/

Saludos

Emili
ONES DE CROM

Categorías
Berio Molina