Rafael Lozano-Hemmer. Frequency and Volume.
martes, 21 de outubro do 2008, por Isaac Cordal.

9 Outubro 2008 - 18 Xaneiro 2009
The Curve

Rafael Lozano-Hemmer presentou a súa instalación Frequency and Volume na galería Barbican de Londres. Este traballo xa foi presentado no 2003 no Laboratorio Arte Alameda, Mexico.

Nada máis chegar o espazo atopas unha morea de antenas conectadas a unha centralita con 48 radios, ordenador, cacharrada varia e tres mesas dixitais de son interpretando distintos parámetros. As antenas recollen o espectro hertziano de Londres, todo tipo de frecuencias, FM, AM, tv, DAB, conversacións de móviles etc. O espectador activa os dispositivos que fan que a súa sombra se asocie a unha frecuencia de radio e o seu tamaño module o volume. No texto da exposición o artista remite á figura do anti-monumento. O anti-monumento como unha alternativa o fetiche do espazo, o fetiche da representación do poder.

Os vindeiros días 15 a 23 de Novembro poderase ver outra das súas instalacións chamada Under Scan en Trafalgar Square.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal