Ramiro Ledo - Cine Clube Carlos Varela (2005)
xoves, 1 de febreiro do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Mediatecas

Nova referencia na Regueifa. Unha obra de Ramiro Ledo sobre a figura do cineasta galego Carlos Varela.

"A cámara de Varela deu conta en imaxes da consciencia dun pobo cara a súa autoorganización, e da loita contra a represión no posfranquismo máis inmediato. Con ese material o director, guionista e realizador do filme documental, Ramiro Ledo Cordeiro, compón unha historia que fai revivir a traxectoria e o estilo do cineasta galego, enraizado no cinema directo dos EUA e a Francia do sesenta e oito: as gravacións de Chris Marker do pobo norteamericano contra a guerra de Vietnam ("A Sexta cara do pentágono"; "O fondo do aire é roxo"), o Willian Klein de "Tardes de enchenta, mañás de famenta", ou a "Batalla deChile" de Patricio Guzmán."

Pode ser visionado online ou descargado de balde en www.aregueifa.net

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal