Reconstrucción de Flexo
sábado, 3 de febreiro do 2007, por Berio Molina.

Acabamos de colgar no servidor de alg-a a antiga páxina web do colectivo Flexo. Podedes acceder a ela en:

flexo.alg-a.org

Flexo foi un colectivo de performances e Asociación Cultural á que algún dos membros alg-a pertencimos hai xa algún tempo.
Ordenando un disco duro vello que tiñamos por casa atopamos a páxina web do colectivo, que estaba inactiva dende hai tempo, polo que pensamos que igual estaba ben sacala agora, xa que apenas hai información accesible sobre Flexo. A páxina está subida ó servidor co deseño orixinal da mesma, simplemente se lle engadiu un reproductor de video que ten unha maior compatibilidade. Decidimos facelo así, para que servise de testimonio do paso do tempo.

Flexo foi un colectivo que naceu no ano 1999, formado por unha corrente continua de persoas que fixo que fora pasando por diversas etapas. Aínda así sempre se rexía por unha máxima, que era a creación colectiva e a negación do individuo como autor, en pro dun creador colectivo.

Flexo facía accións, instalacións e promovía eventos. Así por exemplo, construíu un altofalante xigante que soaba, e que o atravesaba cuns taladros ata que o silenciaba. Creou uns seres chamados fonomens que buscaban o acople sonoro e físico entre eles, atou duas casas enteiras entre elas, fixo unha orquesta de altofalantes preparados, etc... Tamén foi parte da organización do festival IFI durante os anos 2002, 2003 e 2004 xunto coa delegación de alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e o colectivo SINSALaudio e co-organizou xunto co clube vademecwn sonotone e membrana, dous encontros de arte sonora que tiveron lugar no clube Vademecwn no 2001.

Comentarios
4 de febreiro do 2007 23:59

que tempos aqueles!

5 de febreiro do 2007 03:22, por berio

Xa che digo!

5 de febreiro do 2007 12:23, por PA

Por un lado, sí que tempos aqueles de andar sós e a escuras intentando crear de tódolos xeitos posibles. E por outro é discutible que FLEXO MORRESE tal o cual día, porque a acta de defunción aínda non está escrita e pode aparecer por ahí vivito e coleando.

5 de febreiro do 2007 12:51, por berio

Por si acaso, quiteille o de morrer...

6 de febreiro do 2007 12:04, por El PA

Moi ben ese Berio Cristus resucitando despois de varios días e cheirar mal eses pseudo cadáveres. A ver si vos paso os textos de que vos falei e mailas direccións que me pediches.

6 de febreiro do 2007 12:12, por berio

OK

Cando me pases os textos xa os metemos na páxina, de paso revisarei os cedes que tamén debo de ter algún... Na páxina está o dos flexións, pero non ten as imaxes tan chulas que había, telos localizados?. Eu creo que non os teño.

6 de febreiro do 2007 15:00, por Suso Lista

Hostia , tios, facedes virguerías. Eu quero aprender a moverme e a chafullar neste mundo, ¡Quero aprender!. QUERO APREHENDER!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ¿quen me enseña?

.