Referencia a Alg-a no País
venres, 24 de abril do 2009, por Berio Molina.

Onte publicaban na sección do cibrepaís do diario El País, unha reseña ao colectivo. A información está extraída dunha entrevista que lle fixeron ao netlabel para unha reportaxe sobre audio na rede, pero decidiron facer un artigo aparte.

Simplemente un pequeno apuntamento a modo de fe de erratas, aparte de dar as gracias por difundir as actividades de alg-a, de que a información non é de todo certa debido a que fixeron unha mixtura de frases para adaptar a info sobre o netlabel á info xeral de alg-a, de ahí que digan coas nosas palabras que o colectivo foi fundado por 3 persoas, cousa que todos sabemos que non é así.

Gracias a Pablo Ferreira por avisarnos da publicación.

Colectivo Alg-a
Colectivo Alg-a

Imaxe do primeiro encontro alg-a en xaneiro do 2005

.