Régine Debatty de wemakemoneynotart en Compostela.
venres, 1 de febreiro do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Xente

Estes días en Santiago de Compostela estase a celebrar o Congreso I+C Investigar a Comunicación, o cal remata hoxe.

Onte o programa do Congreso tiña como poñente a Régine Debatty de We make money not art, un dos blogs referentes dos Media-art, que dende Alg-a seguimos habitualmente. Este blog, no que colaboran tamén Sascha Pohflepp e Shin’ichi Konomi, converteuse nunha das mediatecas con máis información on line do Arte dixital, con interesantes entrevistas, referencias, proxectos etc cun ritmo de actualizacións de vértigo.

Juan Castro de Galiciae fíxolle unha entrevista a Régine que podes ler aquí.

Enviar comentario
Comentarios
1 de febreiro do 2008 04:48, por W.Sobchak

pois que magoa non terme enterado antes... que fodido é andar sempre na pola

1 de febreiro do 2008 06:16, por nelaq

opino o mesmo....joooo!

Categorías
Isaac Cordal