Resynthesize: Heart and Soul Direct LP
domingo, 15 de outubro do 2006, por Berio Molina.

A través do sempre referencial blog What’s hot today?, descubrimos a este grupo:
Resynthesize do netlabel Experimedia.

Desde California chega o debut deste disco: Heart and Soul Direct, moi próximo á IDM Electronica, e aproximándose á producción de Telefon Tel Aviv. Un disco sintetizado a máis non poder, e con melodias que te enganchan e non podes deixar de escoitar.

Bótadelle unha orella, e viaxade ó tempo dos sintetizadores.

.