Roberto Cuoghi. Šuillakku.
domingo, 16 de novembro do 2008, por Isaac Cordal.

Roberto Cuoghi presenta a instalación sonora Šuillakku no Ica en Londres ata o 23 do presente mes. Inspirado no século VII A.C. regresa as hipotéticas sonoridades de Mesopotamia, no tempo no que os Asirios estaban baixo o ataque dos seus inimigos (no que hoxe sería Iraq). Neste traballo emprega unha amplía gama de instrumentos musicais, moitos feitos por el, e o coro multiplica e muta a súa propia voz nunha especie de catarsis ritual caótica e enfermiza.


Detalle da Instalación

Escoitar un fragmento

A instalación sonora consta de dúas salas con oito altavoces cada unha (non me lembro ben). E o son navega por cada un deles cun resultado moi interesante e potente. Na azotea do Ica ten unha peza en bronce do demo Pazuzu. Unha cousa moi curiosa de Roberto Cuoghi é que aos seus 25 anos comezou un proceso de transformación no que pretende aparentar a idade dun home de 60, resaltando un pouco máis a importancia metamórfica no seu traballo, na súa relación co tempo e a memoria.


Roberto Cuoghi

Folleto da mostra en PDF

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal