Instalación moi interesante do 2001 do grupo de artistas formado por Matthias Gommel, Martina Haitz e Jan Zappe que traballan xuntos baixo o nome de robotlab. Laboratorio vinculado o ZKM de Alemania. Robotlab traballa con robots industriais en espazos públicos. Explora a relación entre o home e a máquina por medio de laboratorios experimentais, de performances e de instalacións.
Juke_bots é unha instalación, na cal dous brazos robóticos actúan como un DJ. Cada máquina esta rodeada de discos que pode seleccionar e pinchar. Diante de cada brazo colócanse os tocadiscos de modo que o robot poida facer scratch, etc.
Autoportrait é outra peza na que un brazo robótico fai un retrato do natural.
Interesante, e interesante tamén a xira que estan a facer, aunque dende o 2001, estaremos pendentes do próximo proxecto.