Roi Fernández no ciclo "Arte no parque"
martes, 28 de agosto do 2007, por Sr pause.
categorías: Axenda

Mañán mércores 29, ás 20:30, o organismo Roi Fernández levará a cabo a súa acción "Dom[a]sticación", no parque de Bonaval anexo ó CGAC (Santiago de Compostela).

Dom[a]sticación xoga coa perturbación resultante na mestura entre o corpo domesticado, a individualidade e os alimentos como formas de identidade e control social.
Dom[a]sticación quere aventurar qué relato escribiría Kafka de teres presenciado unha matanza do porco no San Martiño.

Con esta acción, Roi Fernández pecha o ciclo de performance "Arte no Parque", organizado polo CGAC, e que contou coa participación de Silvia García, Ana Gil e Miguel Bonneville.

Enviar comentario
Comentarios
28 de agosto do 2007 01:25, por Antia

Parabens e sorte Roi!

28 de agosto do 2007 04:53, por madamme cell

non menos de 32 masticacións por bocado, fletcherize, sr pause, fletcherize!! coooorpo nº1 cooooooorpo nº2 .........

28 de agosto do 2007 06:53, por mig

sorte coa mariskada sr pause, recorde expremer ben os seus comensales ata que metabolicen todo.

28 de agosto do 2007 07:24, por berio

O sr. pause e os seus prototipos!. Regreso ao futuro!.

Sorte.

28 de agosto do 2007 07:46, por chiu

dalleeeeeeeeeeeee!!!

a topeeeeeeeeeeee!!!

apertas a todos

28 de agosto do 2007 11:28, por nelaque

A ver ......emmmmmmm....que te podo dicir eu???????
merda!!!
íso, jeje, moita merda
muak

Categorías
Sr pause