Rolda de prensa de Fronteiras07.
martes, 11 de setembro do 2007, por isaac-cordal.

Onte tivemos a rolda de prensa e presentación oficial de Fronte[i]ras07 na Casa das Campás en Pontevedra.
Coa presencia de Lola Dopico, concellala de Cultura do Concello de Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, delegada da Consellaría de Cultura e Deporte na provincia de Pontevedra, Xabier Méndez Martínez, director da Fundación Illa de San Simón e Xesús Hernández , Vicerreitor do Campus de Pontevedra.
Entre eles os nosos queridos Roi Fernández representando a alg-a, e Luís Costa a Binauralmedia.

Para os que esteades interesados deixamos as ligazóns de descarga tanto da nota de prensa como o dossier en galego de Fronte[i]ras07.

Nota de prensa
Dossier Fronteiras07

Enviar comentario