Roteiro en Santiago de talleres artísticos
sábado, 7 de xuño do 2008, por Antia.

O Roteiro crece e consolídase. Esta cita anual que permite aos cidadáns transitar polos espazos de traballo de artistas e lugares de difusión das artes, en Santiago de Compostela, comeza a súa 2ª edición, do 6 ao 15 de xuño de 2008, cunha ampla e imperdible programación.
A cidade mostra, grazas ao Roteiro, unha saudable efervescencia creativa: xornadas de talleres abertos, galerías con apertura nocturna, instalacións, performances, videocreaciones, visitas guiadas en varios idiomas, mail Art, pintura e estampación en directo, sucédense ó longo de dúas semanas favorecendo o diálogo con creadores de diferentes xeracións e estéticas, consagrados e emerxentes, sendo esta pluralidade un dos seus atractivos.

>>>>>>>>>>www.roteirocreacion.com<<<<<<<<<<<<<<<<

O mapa distribuído por toda a cidade, descargable na Web, permitirá que os curiosos poidan localizar talleres, galerías e distintos espazos con facilidade.

Como novidade, amplíase a participación do público con dúas propostas: "DEBÚXAME SANTIAGO", invitación para plasmar as súas impresións sobre Compostela nun mural colectivo e OPERACIÓN FRECHAZO, convite para valorar con corazóns nunhas ‘amorosas’ postais, a obra dos artistas visitados e cuxo premio consiste na xestion dunha exposición individual ó artista que máis corazonadas reciba e unha colectiva aos restantes catro finalistas para o 2009.

Comentarios
7 de xuño do 2008 10:44, por madamme

a idea pareseme estupenda, o que non m parese tanto é que haxa 12000 € para catálogos e 0 € para artistas ( polo menos o ano pasado, onde convidáranos a alg-a a participar)

7 de xuño do 2008 14:15

Esa madamme! Queremos ver eses presupostos do concello tamén que sabemos que os tes!

8 de xuño do 2008 04:51

El año pasado hubo catálogos del roteiro?...Y dónde se puede conseguir uno?...

.